viernes, 26 de julio de 2013

ENSALADA DE CABACIÑO, MEZCLUM E FRESAS


Se ainda non probastes os cabaciños crudos anímovos a facelo, quedan estupendos e son sanos sanísimos!!

Esta ensalada leva 1 bandexa de mezclum do Recuncho con rúcula, portulaca, berros, mini-follas de acelga e espinaca, ceboliño, armuelle e physalis. Unhas fresas e un cabaciño mediano.
O cabaciño podedelo poñer en láminas (cun pelador ou mandolina) ou en bastonciños finos.

Ademáis engadímoslle unhas sementes e unha vinagreta con zume de 1/2 limón, unha cullerada de mel, 2 de aceite de oliva e un chisco de pementa.
O aliño poñémosllo no último momento para que o cabaciño non quede blando. 


Bó proveito, de seguro que vos gusta!



No hay comentarios:

Publicar un comentario