martes, 10 de abril de 2012

MEZCLUM

“Mezclum” Ese revoltillo de folliñas que vos poñemos nas cestas, nunha bandexiña. Como xa sabedes, son folliñas para comer en ensalada, danlle un toque diferente aportando sabores e texturas diferentes, facendo así que as nosas ensaladas sexan máis variadas, divertidas e nutritivas.

Vóuvolas presentar por separado para que saibades algo máis delas:

RÚCULA
É unha “verdura Mediterránea” que se cultiva fai relativamente pouco tempo xa que antes recolectábase silvestre. Moi popular en Italia que ademais de en ensaladas engádena a pizzas, tostas, pasta, sopas... Moi rica en vitamina C e ferro. Ten un olor moi característico e sabor lixeiramente picante.

BERROS
Hai moitas variedades, os que nos cultivamos son os mastuerzos, berros de terra. Teñen un sabor forte, moi característico. Son unhas verduras moi ricas en minerais (potasio, calcio, ferro, azufre, sodio), vitaminas A e C e fibra.

ACEDERA VERMELLA OU ALAZÁN
Úsana moito nos países do leste de Europa, en Grecia, Bélxica, Nixeria e nos países do Caribe e Francia. Como di o seu nome ten un sabor acedo, avinagrado, é moi rica en ferro, vitamina C e betacarotenos.

CLAYTONE DE CUBA
Orixinaria de Cuba, EE.UU. e México. Coñecida no Oeste dos EE.UU como "herba dos mineiros" xa que cando estes saian da mina, recollíana silvestre para repoñer forzas. As súas follas son carnosas e moi agradables ainda que o sabor está nos finos talliños. Rico en vitamina A e C. Esta herbiña só estará nas vosas cestas en inverno e comezos de primavera.

CEBOLIÑO
Procedente de Europa do norte, son unhas follas finas e alargadas en forma de tubo con sabor a cebola que nos aportan vitaminas A, B e C ademais de calcio, potásio e fósforo.

VALERIANELA OU HERBA DOS CANÓNIGOS
Procedente de Europa e Asía. Esta herba de follas pequenas redondeadas en roseta, son ricas en vitaminas A, B, C, E potásio, ferro e calcio. Teñen un sabor moi agradable. Para as vosas ensaladas de inverno.

MIKADO
Da familia das espinacas é unha verdura oriental, de follas puntiagudas de cor verde escuro. Éstas só as temos en outono e inverno.

VERDOLAGA OU PORTULACA
Moi empregada en México, Asia e parte de Europa. É unha planta que crece espontánea en Galicia. As súas follas son carnosas, cun lixeiro sabor acedo e salgado. Ten un alto contido en vitamina C e omega-3. Para as vosas ensaladas de verán.

ARMUELLE VERDE E ROJO
Planta de orixe asiático. As follas son grandes (máis grandes que as outras que van no mezclum)  de forma máis ou menos triangular e semella que teñen unha capa blanquecina "impermeable". As de cor verde témolas no inverno e as rojas no verán.  Rica en saponinas e vitamina C. É unha planta de facil dixestión que se recomenda a persoas con dixestións débiles e ancians. Estas verduras, se as follas son pequenas van no mezclum e as veces cando son máis grandes pómolas nas cestas en molliños ou bolsas para que as comades cociñadas como se fosen espinacas (fervidas, salteadas, en potaje...). Teñen un sabor suave, estan moi ricas.


Ademáis as veces tamén levan follas de leitugas e escarolas, mostazas, achicorias...

No hay comentarios:

Publicar un comentario