viernes, 2 de agosto de 2013

EMPANADA DE HOJALDRE CON XUDÍAS, ATÚN E OVO

De hojaldre ou con masa de empanada.


Ingredientes:
  • 2 planchas de hojaldre
  • 300g de xudías cocidas
  • 1 cebola
  • 2 ovos cocidos
  • 1 lata de atún

OPCIONAL: 
  • Un trozo de pemento rojo, salsa de tomate, pimentón, viño blanco... ou que lle queirades engadir ó recheo. 
  • Semillas e ovo batido para decorar

Primeiro picamos a cebola e sofreímola en aceite de oliva. Cando esté doradiña engadimos os ovos picados e o atún. Tamén as xudías e se se quere pimentón, viño branco... Deixamos repousar uns minutos.

Estiramos as planchas de hojaldre e nunha dela facemos uns cortes para que a empanada respire.

Repartimos o amoado na base e tapamos coa plancha á que lle fixemos os cortes. Sellamos polos laterais e pintamos con ovo batido e espolvoreamos con sementes.

Levamos ó forno entre 180-200º uns 20-30 minutos e listo.

Aquí o paso a paso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario