viernes, 5 de abril de 2013

PAKORAS DE COLIFLOR

De orixe hindú, as pakoras son unha especie de buñuelos de verduras feitos con fariña de garavanzo. Neste caso fixémolos de coliflor, que son os máis típicos e a verdade e que queda ben camuflada, para os que non vos acaba de convencer o sabor forte da coliflor aquí vai unha receita ben rica:


Soamente se precisan: unha coliflor pequena, fariña de garavanzo e especias.
  1. Mesturamos unha boa cantidade de fariña de garavanzo (cuarto kilo máis ou menos) coas especias elixidas. Nos puxémoslle pimentón picante, sal e unha boa cullerada de ras el hanout. Pero podedes por comino, cilantro, cúrcuma, canela, cayena, garam masala... ou outras que vos gusten.
  2. Engadimos auga fría ós poucos ata que quede unha pasta que non sexa moi líquida.
  3. Pícamos a coliflor e revólvemola coa pasta de garavanzo.
  4. Nunha sarten con aceite ben quente imos deixando caer culleradas da masa. Fritimos ata que queden ben doradiñas e servimos moi quentes con salsa de tomate especiada, chutney, mayonesa...
Moi ricas pero hay que tomalas ben quentes!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario