jueves, 4 de abril de 2013

CALZONE DE ESPINACAS


Ou pizza cerrada. Esta receita gustounos moito. Para facela empregamos estas fermosas espinacas que nos está a dar a horta este inverno. Co grandes que están máis asemellan acelgas que espinacas! 

Podédela facer cos ingredientes que máis vos gusten. Nos fixémola así (cantidades para 2 persoas):

Ingredientes para a masa:
150g de fariña (integral de espelta)
75g de auga morna
15g de aceite de oliva
7g de levadura
un chisco de sal

Para o recheo:
Un mollo de espinacas
Queixo
Salsa de tomate
Un ovo cocido
Un anaco pequeno de xamón serrano

Primeiro faise a masa para a pizza amasando ben tódolos ingredientes e deixando que repouse ata que dobre o seu volume.
Mentres facemos o recheo coas espinacas e os ingredientes que máis vos gusten.
Nunha sartén cocíñanse as espinacas ata que perdan a auga, engádese a salsa de tomate e o xamón picadiño fino.
Estírase a masa en forma de círculo ata deixala o máis fina que poidamos. 
Repartimos o recheo pola metade do círculo, poñemos tamén o ovo e o queixo en anaquiños e tapamos coa outra metade en forma de empanadilla xigante. Sellamos os bordes e facemos algúns buratos na tapa para que respire.
Levamos ó forno precalentado a uns 200º e en 20-30 minutos teremola lista. Bó probeito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario