miércoles, 27 de marzo de 2013

GALLETAS DE CABAZA



Ingredientes: 
200g de fariña (nos usamos integral de espelta)
150g de puré de cabaza (cabaza cocida e esmagada)
100g de azucre
3 ovos
75g de manteiga

Cunhas varillas bátese a manteiga a temperatura ambiente co azucre. Engádense os ovos e o puré de cabaza e batemos ata que quede unha mestura homoxénea.
Incorporamos a fariña ós poucos e remexemos ben.

Nunha bandexa imos botando culleradas da masa e levamos ó forno precalentado a 200ºC. Cando os bordes comecen a tostarse sacámolas.

O resultado son unhas galletas blandiñas de sabor suave. ¿Queredes probalas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario