sábado, 23 de marzo de 2013

CREMA DE CENORIA

Mmm unha cremiña quente para este frío que non acaba de pasar...



Ingredientes máis ou menos a ollo:
500-600g de cenorias
2 patacas pequenas
1 cebola
3 puerrins
1 bo anaco de tetilla

Primeiro córtase o puerro e a cebola en anacos non moi pequenos e póchanse nunha pota a lume ben baixo con aceite de oliva. 
Mentres vanse pelando e cortando en cubiños a pataca e as cenorias.
Cando a cebola e o puerro vaian collendo colorciño engádense as patacas e as cenorias, salpiméntase e séguese a pochar a lume baixo.
Engádese auga (ou caldo) ata cubrir e un par de dedos máis e deixase cocer ata que todo esté blandiño, uns 20 minutos...
Pásase todo pola batidora ata deixalo ben fino, engádese a tetilla esmigallada, e deixase de novo no lume para que se derreta o queixo e xa está listo para servir cun pouco de pimentón...rico, rico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario