domingo, 9 de diciembre de 2012

MACARRONS GRATINADOS CON BRÉCOL E PAVO


Ingredientes:
Macarróns
Brécol
Pavo
Bechamel (leite, fariña e manteiga)

 

Pónse a pasta a cocer en abundante auga a ferver e escúrrese cando ainda está algo duriña.
O mesmo co brécol, cócese ou faise o vapor e retírase cando ainda está algo duriño.
Por outra banda faise a bechamel. Primeiro ponse a derretir a manteiga e engádese a fariña, e desde este momento non se para de remexer. Deixase que a fariña se cociñe un pouco antes de comezar a engadir o leite ós poucos ata que teñamos a textura desexada. Neste caso interésanos que sexa lixeira.
Salpimentamos, engadimos un chisco de noz moscada e reservamos.
Nunha fonte para forno poñemos os macarróns, o brécol, o pavo en anaquiños e vertemos a bechamel por riba que o cubra todo. Podemos por queixo por riba.
Levamos ó forno precalentado ata que esté dourado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario