viernes, 7 de diciembre de 2012

LENTELLAS CON BERENXENA ASADA

De seguro que a maioría de vos comestes berenxenas recheas, pero ¿quén as comeu deste xeito?.
Sei que a tempada de berenxenas rematou e xa só quedan os últimos retazos, cos que aprobeitamos para preparar esta orixinal receita.
E vos ¿cómo as preparades? animádesvos a contarnos as vosas receitas?


3-4 berenxenas
250g de lentellas
1 puerro
1-2 cenorias
1 trociño de cabaza
especias ó gusto (laurel, jengibre e cúrcuma)
sal, pementa e aceite de oliva


Por unha banda ásanse as berenxenas. Unha maneira moi sinxela e na que as berenxenas conservan todo o seu sabor é facelo no grill. Póñense as berenxenas enteiras nunha bandexa de forno debaixo do grill uns 15-20 minutos por cada lado. Retíranse e resérvanse.

Para cocer as lentellas poñemolas coas verduriñas picadas, un pouco sal, unha folla de laurel e as demais especias na olla a presión con auga fría. Tapamos e cando comece a soltar vapor con 5-10minutos (dependendo da olla) é suficiente.

Mentres, pelamos as berenxenas, a pel saelles moi facil, e trituramolas ben escurridas cun pouco aceite de oliva, sal e pementa.

Xa solo nos queda servir as lentellas co puré de berenxena e disfrutar!

*Na receita orixinal sírveno acompañado dun pouco iogur natural xunto coa berenxena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario