viernes, 14 de diciembre de 2012

CURRY DE CABAZA CON LANGOSTINOS

Despois de que pase a tempada dos cabaciños de verán, chegan as cabazas. Raiñas indiscutibles do outono. Este ano tivemos boa colleita, sobretodo de tipo "cacahuete". Así que disfrutaremolas xunto coas verduriñas deste tempo.

As cabazas pódense comer de mil maneiras, son moi versátiles, quedan moi ben en infinidade de pratos tanto  doces como salgados. Así que, a deixar voar a imaxinación, ou revisar receitas para darlle uso máis alá da archiconocida crema de cabaza, xa que como di o dito: na variedade está o gusto.

Aquí vai unha idea: curry de cabaza, que fai boa combinación con arroz branco, ainda que neste caso acompañámolo de tallaríns de arroz.




Ingredientes:

Cabaza
Cebola
Langostinos ou gambas
Leite de coco
Curry


  1. Picamos a cebola e pochámola.
  2. Cortamos en cubiños a cabaza e engadímoslla ó sofrito.
  3. Engadimos as colas de langostinos.
  4. Mareamos e cando comece a abrandarse a cabaza, salamos e engadimos sen medo unha boa cullerada de curry.
  5. Mesturámolo todo ben, engadimos o leite de coco, e deixamos a lume baixo que se mesturen ben os sabores mentres se reduce.
  6. E xa temos o noso curry listo. Bo proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario