sábado, 13 de octubre de 2012

FEIXÓNS FRESCOS CON CABAZA

Aquí van dúas receitas con cabaza para facerlle boca ó outono.

Os feixóns frescos que vos levamos nas súas vainas están riquísimos, a diferencia dos secos, unha vez debullados hai que consumilos ou conxelalos, senón oxídanse (póñense marróns) e estropéanse. 
Isto é porque se colleitan antes de que perdan toda a auga e como non están completamente secos non se conservan.
Teñen a vantaxa de que se cociñan moito antes e non precisan de remollo previo, ademáis de estar moito máis tenros e ricos. Así que este prato é ideal neste tempo de colleita dos feixóns e das primeiras cabazas da tempada.

INGREDIENTES:
Feixóns frescos
Cabaza

Verduriñas ó gusto para o sofrito:
puerro,pemento, tomate, cenoura...
panceta (opcional)



Por unha banda ponse a ferver auga para coce-los feixóns. Tanto como se son recén debullados, como se os temos conxelados botámolos directamente na auga a ferver cunha pouca sal.

Por outro lado preparamos un sofrito. Este levaba allo, cebola, pemento rojo e uns cachiños de panceta. Engadimos a cabaza cortada en cubiños grandes e refogamos uns minutos. Engadimos un ou dous tomates ben picadiños e seguimos refogando.

Cubrimos con auga ou caldo e deixamos ferver 5-10 minutos ata que os dados de cabaza estén brandiños. Mesturamoslle os feixóns cocidos e deixamos ferver uns minutos máis. Rectificamos de sal e listo. Bo proveito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario