viernes, 14 de septiembre de 2012

SALSA TZATZIKI, DE PEPINO E IOGUR

A salsa tzatziki é unha receita grega que podemos empregar en moitos pratos: como salsa de pasta, arroz, cuscús, legumes... como aliño para ensaladas, en kebabs, pitas, recheo de filloas... para tomar con pan tostado, para acompañar a unhas patacas cocidas. Tamén lle vai ben ó polo, e os peixes blancos... en fin no que se vos ocurra.


Aqui vai a receita:

1 pepino grande ou 2 pequenos, da nosa horta
2 iogures gregos ou naturais sen azucre
1 ou 2 dentes de allo
un chorriño de aceite de oliva
sal e pementa
menta fresca ou eneldo

Raiase o pepino e ponse nun coador para que solte auga.

Cun tenedor ou batedor imos batendo o iogur e pouco a pouco engadímoslle o pepino, os allos ben machacados, e o aceite. Salpimentamos e engadímoslle as follas de menta picadas. Mesturamos todo ben e deixamos repousar na nevera (2 horas) e xa temos a nosa salsa lista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario