domingo, 5 de agosto de 2012

TEMPURA DE MINI-CABACIÑOS COA FLOR

Apropiome de novo das fotos de Ana que están moito mellor que as miñas.



Ingredientes:

100ml de auga ben fría
65g de fariña
1 ovo
1 chisco de sal
Mini-cabaciños ou flores solas
Unha pouca fariña milla para rebozar
Aceite de xirasol para fritilas (o de oliva deixa a tempura moi pesada)





Facemos unha mestura coa auga, o ovo, a fariña e o sal. Remexendo o xusto. Deixamos repousar na nevera.

Quecemos o aceite na sartén, e cando esté ben quente comezamos a rebozalas flores na fariña milla (para que a tempura se pegue mellor) e despois pola mezcla que fixemos antes.

Fritimos ata que queden douradas.

*Tamén se poden rellenar antes de rebozalas con requeixo e noces ou anchoas... por exemplo.


FONTE: laflordelcalabacin.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario