Ingredientes:
1 lata de leite condensado
5 ovos
400g de ameixas trituradas
Caramelo
Cunha pouca paciencia pélanse as ameixas quitaselles o oso e fanse puré.
Por outra banda bátense lixeiramente os ovos e vaise engadindo o leite ós poucos sen deixar de remexer. Mestúrase co puré de ameixa e vértese a mezcla nun molde acaramelado.
Lévase ó forno a baño maría aproximadamente 40 minutos (ir pinchando para ver cando está feito) a temperatura moderada.
Deixase arrefriar antes de desmoldar e listo, bó proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario