martes, 12 de junio de 2012

TEMPO DE CABACIÑOS

Chegan os primeiros cabaciños avisando que o verán está á volta da esquina. Son verduras de baixo aporte calórico moi ricos en potasio e fibra. Trátase dunha hortaliza moi versátil coa que podemos cociñar moitos pratos variados.







Este ano incorpormos como novidade unha variedade de cabaciño amarelo, que ten un sabor moi suave.
Cando son pequenos e tenros son ideais para engadir crús en ensaladas.




Ademáis dos cabaciños tamén se comen as flores, si si as flores. Pódense comer rebozadas, recheas, troceadas nun prato de pasta... 

Nas cestas non as poñemos por que non a todos vos gusta tanta innovación gastronómica (aquí por que en Italia está en tódalas cartas de restaurantes).
Así que se vos apetece probalas facédenolo saber.

Aquí vos deixo cunhas estupendas fotos da man de Ana. Tempura de flores de cabaciño. Teñen unha pinta.....hmmm




No hay comentarios:

Publicar un comentario