martes, 12 de junio de 2012

BISCOITO DE REMOLACHA E CHOCOLATE

Se non vos entusiasma o sabor da remolacha, esta é unha receita ideal, xa que non se nota nada que a leva. Queda un biscoito húmido e moi jugoso. A foto está un pouco chafalleira, pero paga a pena probar esta receita e comer remolacha dun xeito diferente, algunhas verduras casan moi ben en receitas doces, esta é unha delas.
 
Ingredientes:
 250g de remolacha crúa
250g de chocolate negro
3 ovos
200g azucre moreno
100ml aceite oliva
100g de fariña (integral de espelta)
50g de améndoas moídas
 Aroma de vainilla
1/2 cullerada de lévedo

Batelos ovos co azucre e o aceite de oliva. Engadir a vainilla, a fariña, o lévedo maila améndoa. Mesturar ata non ter grumos.
Engadir a remolacha relada e o chocolate fundido.
Levar ó forno a 180ºC uns 50 minutos, e listo.


2 comentarios:

  1. Hmmmm, me suena de algo este bizcocho...¿dónde lo habré probado yo? ;-)
    Un bico

    ResponderEliminar
  2. Pues no tengo ni idea! ¿me das una pista? jeje
    un abrazo

    ResponderEliminar