miércoles, 16 de mayo de 2012

ROLIÑOS DE HOXALDRE E ESCAROLA LISA


Para o meu gusto a escarola ten un sabor demasiado amargo para comela cruda en ensalada ou xató. Pero cociñada perde ese amargor, así que se pode comer en sopas, cremas ou puré. Tamén en revuelto, refogada ou incluso rechea.
Desta vez tocoulle o turno en hoxaldre ó forno:
Necesítase escarola, hoxaldre e o que lle queirades engadir ó voso gusto.
Esta levaba: mahonesa untada no hoxaldre, unha boa capa de follas de escarola ben secas, atún e sementes (sésamo, liño, cabaza e xirasol) un pouco sal e pementa. 
Enrolamos con coidado para que o recheo quede por dentro e deixamos no forno ata que este dourado, e listo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario