viernes, 25 de mayo de 2012

PASTEL DE LEITUGA

E como non só de ensaladas vive o home, aquí vai unha receita sinxela para comer leituga de forma diferente, cociñada!
Neste tempo na horta hai un montón de leitugas, esta receita vennos como anillo o dedo para aproveitar todas esas leitugas que están a querer subir.



Ingredientes:

200g de leituga, cortada e ben seca
4 ovos
100g de tetilla
100g de panceta, xamón cocido...
1/2taza de fariña (de espelta)
2 culleradas de lévedo ou masa nai e un pouco sal

Bátense os ovos coa fariña o lévedo e o sal, engádense o queixo a panceta e a leituga. Pónse a mestura nun molde engraxado, espolveréase con pimentón doce e lévase ó microondas 7-8 minutos a media potencia.
Queda moi esponxoso. Paga a pena probalo!!


FONTE: http://chocolatepimienta.blogspot.com.es/soufle-de-lechuga


E para os que vos gustan as cremas de verduras ahí van dúas ideas:
Crema de lechuga al romero
Crema fría de lechuga con sésamo

No hay comentarios:

Publicar un comentario