domingo, 29 de abril de 2012

PENCAS SALTEADAS CON ARROZ

Esta receita saliu para aproveitar un pouco arroz branco que sobrara do día anterior e unhas pencas de acelga que andaban as voltas na nevera e resultou todo un éxito. Se cadra estaría algo máis substanciosa se se lle engaden uns anaquiños de panceta ou xamón... pero así na versión menos calórica moi rica tamén.


O primeiro é cocer ou facer ó vapor as pencas, sen que queden moi blandas.
Nun pouco aceite dourar uns allos e engadir as pencas ben escurridas, saltear. Botarlle especias ó gusto e por último engadir o arroz, darlle unhas voltas e listo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario