martes, 17 de abril de 2012

PASTEL DE PUERRO E QUEIXO

 
Ingredientes:
4 ou 5 puerriños
4 ovos
250g de queixo
250g de nata ou similar
130g fariña (espelta)
queixo relado


Nunha tixola pochar o puerro picado. Cando este ben feito engadir a fariña e remexer ben.

Por outra banda bater os ovos coa nata e incorporar o queixo relandoo ou cortadiño pequeno. Salpimentar e engadir os puerros e a fariña ata que quede ben mesturado.
Volcala mestura nun molde engraxado e enfariñado. Cubrir con queixo relado por riba e levar ó forno ata que esté ben cocido. Gratinar uns minutos para que quede dourado e listo!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario