viernes, 30 de marzo de 2012

EMPANADOS DE BRÉCOL

Os brotes do brécol son pequenas cabeciñas con tallo e unhas folliñas, a gran vantaxe que teñen é que son moi tenros, cocíñanse nun plis, e están deliciosos.

Estes empanados fixémolos cos últimos brotiños que xa van quedando, xa que neste tempo o brécol comeza a florecer, e así nuns meses daranos sementes para o próximo ano.


Ingredientes:
Brotes tenros de brécol
Pataca
Cabaza
Cenoria
Pan relado
Sal, pementa e aceite

Cocer tódolos ingredientes, escurrilos ben e esmagalos cun pouco de sal e pementa.
Coa masa formar hamburguesas e rebozalas en pan relado.
Metelas ó forno nunha bandexa aceitada, deixar ata que se forme unha capa crujiente por riba e darlle a volta para que se doren polos dous lados. Por dentro quedan blandiñas.


FONTE:  http://eldelantalverde.wordpress.com/2007/12/09/delicias-de-brocoli/

No hay comentarios:

Publicar un comentario